jueves, 21 de octubre de 2010

Nunca sabes o que te pode pasar...


Era un neno cando me pasou todo isto eu non sabía o que me ía ocorrer nun futuro, eu tiña seis aniños recén cumpridos, o día que os cumprín deime conta de que a miña vida ía cambiar de súpeto. Vivín nunha vila moi pobre de África, alí case non había traballo, non había nada, catro chabolas mal postas e nunha desas chabolas vivín eu ca miña familia, os meus irmáns e os meus pais. Alí se no tiñas diñeiro, non podías ir á escola, e na nosa familia pasounos iso : os meus irmáns non,pero a mín si. A miña ilusión era ser enfermeiro para salvar xente, porque así nas vilas coma na que vivín eu podía salvar moita xente que morre de fame, por enfermidades...Despois dese día os meus pais sentáronme no unico tabureriño que tiñamos, eles de xeonllos no chaneeu sentadiño mirando cara eles, e dixéronme:
-Onte cumpriste os seis anos e non podemos mandarte a un colexio para que estudes asi que tes que poñerte a traballar.
Eu non entendía o que me decían, eles mo contaban cos ollos cheos de bágoas, e eu preguntáballes :
"¿Porque chorandes?", e eles non me contestaban. Eu non sabía o que dicir os meus pais, eu sabía que algo pasaba para que me puxeran a mín a traballar.
A noite seguinte, cando ceamos o pouco que tiñamos, mandaronme para cama, e pareceume raro porque sempre ía cos meus irmáns. Decidin desobedecer e quedeime detrás da porta escoitando o que dician.. Escoitei que os meus pais mandabanme a traballar fóra, mais ven mandabanme en adobción porque a eles non lle quedaban moito tempo de vida por unha emfermidade que colleran noutro país. Eu o día seguinte tiven que marchar a vivir con esa familia e eles o final deronme educación e estudos, os anos cando cumprín os dezaoito souben que morreran as dúas semáns..

No hay comentarios:

Publicar un comentario